
Manuel Castro é o presidente da Asociación de Empresarios de Mos (Aemos), que recentemente advertiu de que numerosas empresas situadas neste municipio e na área de Vigo poderían trasladarse a Portugal ante un conflito en relación aos terreos coas comunidades de montes.
Como chegaron as empresas esta situación?
É unha problemática que se nos trasladou por parte de diferentes asociados que temos nas zonas de Monte Faquiña, en Mos, e tamén na zona de Becerreira, que pertence xa a Vigo. A maioría teñen unhas concesións que agora por un cambio lexislativo pasan a ser propiedade das comunidades de montes, neste caso das de Tameiga e de Cabral. Agora, as comunidades están a esixir para a renovación un prezo dos canons que pode chegar a máis do 1.200% do que xa viñan pagando. A solución pasou inicialmente por tentar mediar para buscar unha solución de consenso.
Ler máis: Atlántico Diario