Os propietarios do polígono de Bértoa abaratarán costes coa creación de unha soa comunidade

O abaratamento dos custos de mantemento será a gran vantaxe da unificación dos propietarios das dúas fases do polígono de Bértoa, a privada e a que promoveu Xestur. A decisión tomarase nunha asemblea extraordinaria prevista para o 4 de outubro. Só haberá un punto na orde do día: «A integración de ámbalas fases nunha única entidade de xestión».

Explican desde a comunidade da primeira fase que, no 2003, lograron que o Concello de Carballo recibise os viarios e zonas comúns, así que todas as intervencións de mantemento e mellora corren a cargo dos orzamentos municipais de acordo coas demandas dos empresarios. Din, neste sentido, que este ano, sen ir máis lonxe, o Concello leva investidos no parque industrial 560.000 euros. A organización empresarial entende que este modelo «está a funcionar satisfactoriamente permitindo manter unhas cotas realmente baixas».

SEGUIR LENDO: La Voz de Galicia

Fecha publicacion: 
2021-09-25 11:15:00
Subir