
Segundo a nova publicada polo Eurostat, a oficina de estatística da Unión Europea, en marzo de 2019 os prezos da produción industrial descenderon nun 0,1%, a comparación co mes anterior, na eurozona (EA19), mentres que creceron na mesma proporción na Unión Europea dos 28. Pola súa banda, en marzo de 2019, comparado con marzo de 2018, estes prezos creceron nun 2,9% na eurozona e nun 3,1% na UE-28.
Mensualmente, os prezos da produción industrial do mes de marzo deste ano na zona euro, foron un 0,5% máis baixos que durante o mes de febreiro no sector enerxético, mentres que se mantiveron constantes no caso dos produtos de consumo perecedoiro, un 0,1% máis altos no caso dos bens de capital e produtos de consumo non perecedoiros e un 0,2% nos bens intermedios. En total, pódense considerar estas tendencias nos prezos como estables, excluíndo o caso do sector enerxético.
Facendo unha análise anual a través dos principais grupos industriais, os prezos da produción industrial na zona euro creceron en marzo de 2019, en comparación co mesma etapa de 2018, neste caso, nun 7,8% no sector enerxético, nun 1,5% os bens de capital e produtos de consumo non perecedoiras, nun 1,3% os bens intermediarios en un 0,1% en bens de consumo perecedoiro.
No caso da UE dos 28, os prezos da produción industrial creceron nun 8,2% no caso do sector enerxético, nun 1,7% nos bens intermedios, nun 1,6% para bens de consumo non perecedoiros, nun 1,5% no caso dos bens de capital en un 0,5% para os produtos de consumo perecedoiros.
En conclusión, os prezos de produción industrial, excluíndo o sector enerxético, creceron nun 1,3% en todos os estados membros, onde os maiores valores están representados por Romanía (+6,7%), Bélxica (+6,4%), Letonia (+6,1%) e Hungría (+5,5%).
Fonte.- Eurostat