Os parques empresariais de Alcodar e Benieto, en Gandía, avanzan para acadar a categoría de avanzados

Na cidade de Gandía, situada na Comunidade Valenciana, os parques empresariais de Alcodar e Benieto desenvolven o seu proxecto para acadar a categoría de avanzados. Tanto a Asociación de Empresarios de la Safor, como a Asociación de Empresarios de la Ciudad del Transporte levaron a cabo o plan de acción para mellorar as áreas industriais, para o que tiveron a axuda do concello, e así acadar a máxima categoría que permite a súa lei autonómica, o cal lle abriría portas a novas subvencións e á chegada de novas empresas.

Fonte.- Cadena Ser

Fecha publicacion: 
2019-09-12 14:15:00
Subir