
Moraña ultima a chegada da fibra óptica, aumentando considerablemente a capacidade de acceso a internet aos beneficiarios. Así, esta chegada beneficiará aos parques empresariais de Afieiras e Mirallos, que ven como as obras de instalación, levada a cabo por Telefónica, apuran a última fase. O servizo debería estar operativo, segundo a alcaldesa, a primeiros do presente mes de novembro, o que suporá un importante paso adiante para as dúas áreas empresariais.
Fonte: Faro de Vigo
Fecha publicacion:
2019-11-01 17:00:00