
Os representantes que conforman a comunidade de propietarios do parque empresarial de Bértoa, en Carballo, anunciaron a adopción de medidas de seguridade adicionais, entre as que destacan a instalación de barreiras nos accesos principais ao parque, a mellora da iluminación e o peche do mesmo polas noites. Todas as medidas van encamiñadas a evitar a realización de actos delituosos no seo do parque. Esta mellora da seguridade únese á instalación de patrullas da policía e garda civil, así como a asistencia dos empresarios ás xuntas locais de seguridade que celebre o concello, a fin de manifestar as súas inquietudes e posibles melloras.
Fonte.- La Voz de Galicia
Fecha publicacion:
2019-08-23 09:00:00