
Unha delegación da directiva da asociación de empresarios de San Cibrao das Viñas, encabezada polo seu presidente José Antonio Rodríguez Araújo, visitou este martes o Consorcio da Zona Franca de Vigo. Foron recibidos polo delegado do Estado, David Regades. Durante o encontro destacouse que é beneficioso establecer relacións de colaboración entre a entidade empresarial ourensá e a zona franca para «ter sinerxías, cooperación e entendemento para lograr metas que redundarán en beneficio dos tecidos empresariais de ambas as localidades», explicou o presidente dos empresarios de San Cibrao.
A proposta do colectivo ourensán, acordouse estudar a posible creación dun espazo aduaneiro dentro do polígono de San Cibrao, de tal forma que as empresas poidan beneficiarse das vantaxes fiscais que reporta: non se pagan aranceis nin impostos interiores, até o seu despacho aduaneiro, e isto ademais pódese facer á medida do seu uso e consumo.
SEGUIR LENDO: La Voz de Galicia