Oito parques xestionados polo Instituto Galego de Vivenda e Solo e Xestur contan con bonificacións no prezo do 50%

A Xunta xestiona a través do Instituto Galego de Vivenda e Solo e Xestur oito parques empresariais na provincia de Ourense con parcelas dispoñibles (Xinzo de Limia, Pereiro de Aguiar, Vilamarín, O Barco de Valdeorras,  Ribadavia, O Carballiño, Celanova, Central de Transportes, en San Cibrao das Viñas, e Pazos, en Verín). Decenas de miles de metros cadrados a disposición de posibles inversores, que poderían adquirilas con prezos bonificados.

Para tratar de reactivar o sector industrial, el goberno autonómico estableceu bonificacións de ata o 30% do prezo do solo de tódolos polígonos industriais galegos e do 50% naqueles que están en zonas de interior. Os parques empresariais ourensáns teñen, polo tanto, os seus terreos a metade de prezo.

Por outra banda, a Xunta convoca periodicamente subastas públicas para poñer á venda as parcelas aínda desocupadas dos parques da súa xestión. A última convocatoria deste tipo pechouse o pasado mes de marzo, cando os licitadores podían optar por terreos na Central de Transportes de San Cibrao das Viñas e nos parques de Vilamarín e de Pereiro de Aguiar.

En caso de que non estea en vigor ningún destes concursos, os interesados poden compralas a través do sistema de adxudicación directa. Agora mesmo poden adquirirse 43 e a dispoñibilidade varía segundo o polígono. Os que contan con máis terreo dispoñible para a venda actualmente son os de O Barco de Valdeorras e Vilamarín, con doce parcelas á venda cada un.

Os prezos varían en función á superficie e localización de cada terreo, de modo que o máis barato é un que consta de 180 metros cadrados no polígono de Vilamarín, que se vende por menos de 8 000 euros. Pola contra, a parcela máis cara ofertada na provincia de Ourense é unha sita na Central de Transportes de San Cibrao das Viñas, que con algo máis de 16 000 metros cadrados ten un valor de 414 196,50 euros.

Cabe destacar, que o custe dese mesmo terreo se aproximaría aos 900 000 euros no caso de non existir bonificacións especiais para a súa adquisición.

Fonte.- La Voz de Galicia – Especial Zonas Industriales

Fecha publicacion: 
2019-04-15 11:00:00
Subir