Oito empresas optan á Fase 1 do polígono de A Pasaxe

Un total de 8 empresas optan á execución dos traballos de urbanización da Fase I do polígono industrial da Pasaxe en Gondomar por un prezo de saída de 3,4 millóns e outro catro presentaron as súas ofertas para a dirección de obra, 50.000 euros mais IVE, tras a finalización dos prazos de presentación de propostas fixados para o 22 e 29 de decembro de 2020, respectivamente.
A xornada de apertura de sobres   terá lugar o vindeiro martes de 12 de xaneiro de 2021 desde as 11 horas de modo telemático, e o alcalde Paco Ferreira conta con que tanto a supervisión dos traballos como a súa execución estean adxudicados ao longo deste mes, 'a condición de que non xurdan imprevistos'.
En canto ao seu inicio, Ferreira calcula que a adecuación do parque arrincará cara a marzo, conta cun prazo de execución de 15 meses e os traballos financiaranse mediante a fórmula da cooperación entre os integrantes da asociación de empresarios. Coa materialización do proxecto ao virar a esquina, a vila condal regularizará a situación do parque que leva enquistada na localidade desde fai máis de medio século ao estar asentado sobre chan rústico, e que comezou coa aprobación do proxecto de reparcelamento e equidistribución de cargas e beneficios antes da pandemia, en decembro de 2019.

Seguir lendo: Atlántico Diario

Fecha publicacion: 
2021-01-07 14:15:00
Subir