O viveiro do parque empresarial de San Cristovo de Cea comeza a ocuparse

O viveiro municipal do parque empresarial de San Cristovo de Cea acolle aos seus primeiros ocupantes. Un escultor e deseñador industrial e unha produtora de vídeo e fotografía son as primeiras iniciativas empresariais en instalarse no viveiro. Entre as dúas, ocuparán unha nave e unha oficina. Por tanto, quedan dúas naves e tres oficinas dispoñibles, polo que o concello abriu convocatoria para ocupar as instalacións restantes. A maiores, dende o concello se afirma que o viveiro acadará o pleno funcionamento cando se executen as obras de acondicionamento do exterior das instalacións, presupostadas en 90.000 euros e financiadas pola Deputación de Ourense.

Fonte: La Región

Fecha publicacion: 
2019-11-08 10:15:00
Subir