
O director xeral de Enerxía e Minas visitou as instalacións do viveiro de empresas de Laracha e explicou que o municipio convocará un procedemento para seleccionar ás empresas que ocuparán este edificio. Ademais, destacou a importancia de habilitar este tipo de espazos a disposición dos emprendedores do sector industrial a prezos vantaxosos para dinamizar a actividade económica. Trátase dunha nave industrial de preto de 580 metros cadrados cunha superficie útil para novas empresas de máis de 270 metros cadrados, reservándose o resto para servizos comúns. Este viveiro, xunto coa mellora dos accesos sur e noreste do parque da Laracha, permitirán impulsar a súa competitividade.
Fonte: Xunta de Galicia
Fecha publicacion:
2019-10-08 08:30:00