O sector industrial en Galicia conta cun investimento de dous mil millóns de euros

En Galicia estanse executando máis de 2.000 millóns de euros en investimentos en sectores estratéxicos como a automoción, o naval, o agroalimentario e o forestal e outros emerxentes como o aeronáutico ou as enerxías renovables.

Actualmente, traballan na industria galega preto de 170.000 persoas, polo que é preciso apostar pola estabilidade, pola solvencia e pola competitividade, sempre de xeito sustentable. Así, é preciso continuar avanzando cara unha maior simplificación nos trámites administrativos, máis facilidades no acceso ao solo empresarial e máis incentivos fiscais, como se está a facer a través da Lei de Emprendemento e da Lei de implantación empresarial, coa colaboración dos 121 Concellos Emprendedores que se sumaron a este propósito a través do convenio entre a Xunta e a Fegamp. Nesta liña, tamén se creou a figura das Iniciativas Empresariais Prioritarias, que poden ver reducidos os seus prazos de tramitación á metade.

Fonte.- Consellería de Economía, Emprego e Industria 

Fecha publicacion: 
2019-04-09 11:30:00
Subir