
A automoción viguesa creou 1.400 postos de traballo directo no ano pasado. Isto sucedeu pese á caída na produción en PSAVigo e ó estancamento das principais marcas de automóbiles polo cambio de normativa de emisións e os anuncios de vetos futuros aos motores de combustión.
En total, os ingresos deste sector caeron un 30% dende 2017, porén, a actual e cada vez maior diversificación da industria de compoñentes e auxiliares permitiu lograr un rexistro de beneficios histórico.
O sector consolidouse, polo tanto, como o principal dotador de empregos de Galicia, con máis de 22 mil traballadores e traballadoras, pese a que moitas novas empresas se instauraron no norte de Portugal. Isto débese en grande parte ao aumento no emprego de cualificación, á maior diversificación e á internacionalización da industria de compoñentes.
Esta diversificación maniféstase especialmente na evolución das exportacións de pezas e compoñentes. Actualmente, o motor segue representado o 25% das exportacións galegas.
Fonte.- Faro de Vigo