O sector conserveiro galego aglutina o 40% das fábricas conserveiras de España

O presidente do Goberno galego destacou o potencial de futuro do sector conserveiro galego que aglutina o 40% das fábricas conserveiras de España.

Trátanse de 252 empresas do complexo mar-industria en España, con 10.400 millóns de euros de facturación e que dan emprego a 26.000 traballadores no país, 12.400 en Galicia.

Así mesmo, destacou a aposta do sector pola internacionalización, reflectido tamén nesta asociación, onde case o 50% dos produtos das empresas de Anfaco-Cecopesca (‘Asociación Nacional de Fabricantes de Conservas de Pescados’)destínanse á exportación, estando presentes en máis de 140 países dos 5 continentes.

Fonte.- Xunta de Galicia

 

Fecha publicacion: 
2019-05-03 10:00:00
Subir