
A papeleira portuguesa Altri liderará un dos proxectos estratéxicos de Galicia para optar aos fondos europeos Next Generation, a fábrica de fibras téxtiles sustentables coa que a Xunta prevé xerar 1.500 postos de traballo directos e 6.500 indirectos, ademais de favorecer a ordenación forestal e o abastecemento da industria téxtil.
O proxecto convence aos analistas de Banco Santander, que cren que Altri ten ante si, non só unha oportunidade para lograr un crecemento ?significativo?, senón tamén a posibilidade de elevar de maneira importante a súa rendibilidade e o seu valor en bolsa.
Segundo as contas que fai a entidade financeira, a capacidade de produción da pasteira lusa elevarase nun 20% unha vez posta en marcha a fábrica de viscosa, para a que se prevé unha capacidade de 200.000 toneladas anuais. Engaden que o ebitda vinculado á produción de pasta podería elevarse un 60% ao operar nun mercado de demanda crecente debido á procura da industria téxtil de solucións verdes fronte ao algodón ou o poliéster.
SEGUIR LENDO: Economía Digital Galicia