
As obras do novo ramal da A-52 ao parque empresarial de San Cibrao das Viñas supera xa o 70 por cento de execución, encarando os últimos meses para a súa apertura. Nunha visita ás avanzadas obras, a conselleira de Infraestruturas adiantou que se pasará agora ás últimas fases da obra tras colocar a última viga do viaduto do Rego. Segundo a propia conselleira e outras autoridades presentes na visita, a obra supón un importante avance para o parque empresarial, mellorando significativamente os accesos e a súa eficiencia no tráfico, sendo un atractivo máis para o seu solo empresarial.
Fonte: La Región
Fecha publicacion:
2019-11-20 10:30:00