O Porto encarga a GOC un estudo para manter a plataforma de Salvaterra-As Neves durante os próximos 5 anos

A Autoridade Portuaria de Vigo -principal promotora da Plataforma Loxística e Industrial de Salvaterra-As Neves (Plisan), con máis dun 60%- acaba de adxudicar definitivamente á empresa GOC un estudo para xestión, mantemento e conservación dos viarios, servizos urbanísticos e infraestruturas do porto seco.

A firma de consultoría e enxeñaría viguesa será a encargada de definir os aspectos a ter en conta de face ao mantemento do polígono industrial durante o próximos cinco anos, nos que o tres promotores -Autoridade Portuaria, Xunta e a Zona Franca- deberán facerse cargo do bo estado dos viarios, servizos urbanísticos e infraestruturas. Unha vez cumpridos este cinco anos, o mantemento correrá a cargo dos concellos nos que se asenta a plataforma, isto é, Salvaterra e As Neves.

O prezo de venda dos terreos é de 53 euros por metro para as parcelas maiores de 20.000 metros e de 71 euros para as parcelas menores de 20.000 metros cadrados.

 

FONTE: La Voz de Galicia

Fecha publicacion: 
2021-06-23 11:30:00
Subir