
O Concello de Sanxenxo substituirá as 368 luminarias da iluminación pública do parque empresarial de Nantes por luces led. O obxectivo é alcanzar un importante aforro enerxético e unha diminución dos gases efecto invernadoiro que se verten á atmosfera.
A actuación que ten un prazo de catro meses e un custo de 150.000 euros contará cunha subvención da Consellería de Economía no marco da concesión de axudas encamiñadas á habilitación e mellora de infraestruturas dos parques empresariais de Galicia. Esta subvención suporá un 80% do investimento e o 20% restante será asumido polo Concello.
Seguir lendo: Diario de Pontevedra
Fecha publicacion:
2023-04-13 06:30:00