
O parque empresarial cumpre tres anos desde a súa apertura e, pese á freada que supuxo a pandemia do COVID para calquera actividade económica, xa conta con 27 empresas instaladas ou tramitando as súas licenzas, o que supón 11 máis que o pasado mes de maio, segundo o balance ofrecido polo Concello, que lembra que o polígono ten 261 parcelas para a actividade empresarial, das que 49 xa están ocupadas.
Ademais deses solares para uso comercial, o Concello dispón dunhas parcelas propias que suman 48.704 metros cadrados que en principio se destinarán a equipamentos públicos, entre os que destacan as novas sedes da policía local, o servizo de emerxencias e os servizos de mantemento, parques e xardíns.
Entre as empresas que xa están en funcionamento, construíndo as súas instalacións ou tramitando as súas licenzas suman unha superficie de 65.996 metros cadrados dos 351.750 que ten o parque para uso comercial, o que supón algo menos do 20% de ocupación.
O goberno local subliña que ?entre as vantaxes que ofrece o parque empresarial destaca a súa comunicación por autovía cos portos e principais cidades galegas. Outro activo é que dispón dunha gran zona verde de 76.922 metros cadrados que, ao seu valor paisaxístico e ambiental, hai que sumar o seu interese patrimonial cun asentamento do neolítico Con dá Romaiña?.
Ler máis: Faro de Vigo