O polígono de Espiñeira mellora os accesos viarios e peonís

A renovación das infraestruturas do parque empresarial de Espiñeira comezaron a executarse onte pola mañá. Entre as actuacións destacadas neste proceso de mellora inclúense a pavimentación da vía principal de acceso ao polígono, a sinalización das marcas viarias na calzada e a construción de novas beirarrúas.

Está tamén incluído no plan a actualización dos paneis informativos na primeira fase do polígono e o hormigonado de 200 metros de beirarrúas na segunda. Con estas actuacións preténdese renovar a vía de acceso ao recinto industrial, na que a forte pendente e o mal estado da calzada moitas veces obrigan a que os vehículos pesados párense no medio da costa. Esta situación vólvese especialmente preocupante nas xornadas de fortes choiva ou cando os transportes van especialmente cargados.

O rexedor do municipio, José Ramón Romeu, visitou o lugar das obras acompañado do edil de Urbanismo e Obras, Luís Ruiz. Tamén asistiu o arquitecto municipal, para coñecer de primeira man o que se vai a executar.

O orzamento dirixido a estas actuacións ascende aos 142.753 euros. A contía provén dunha liña de subvencións da Consellería de Economía, Empresa e Innovación destinadas á habilitación e mellora das infraestruturas dos parques empresariais.

FONTE. La Voz de Galicia

Fecha publicacion: 
2021-10-06 07:30:00
Subir