O Polígono de Castiñeiras, un paso máis cerca da súa nova ampliación

A ampliación do Polígono Industrial de Castiñeiras, en Bueu, será pronto unha realidade. Esta actuación permitirá incrementar o chan do parque para a instalación de máis naves e ofrecer novos espazos verdes para a cidadanía. O alcalde de Bueu, Félix Juncal, e o edil de Urbanismo, Martín Villanueva, mantiveron un encontro esta semana coa empresa Urben, a consultora contratada polos empresarios e propietarios dos terreos que impulsan esta iniciativa, para tratar os avances da obra.

O proxecto xa finalizou o período de exposición pública na fase de avaliación ambiental estratéxica e recibiu a valoración positiva pola Dirección Xeral de Calidade Ambiental, Sostibilidade e Cambio Climático. Neste último informe, o organismo autonómico acorda non someter a actuación ao procedemento de avaliación ordinaria ao non prever efectos ambientais significativos, o que reducirá os prazos dos trámites

SEGUIR LENDO: Diario de Pontevedra

Fecha publicacion: 
2021-09-03 12:45:00
Subir