O polígono de Barro suma unha nova empresa e acada xa o 67 % de ocupación

 A empresa de transporte de peixe e marisco fresco Transfrío Rías Baixas S.L. acaba de facerse coa titularidade da parcela A-17 do polígono empresarial de Barro, que viña ocupando cunha concesión de dereito de superficie. O deputado provincial de Réxime Interior Carlos López Font asinou cos empresarios da firma en notaría o acordo de compravenda desta parcela, de preto de 3.000 metros cadrados, cuxo prezo ascende a máis de 370.000 euros.

Deste xeito, a empresa consolida a súa presenza no parque, no que conta con instalacións desde o ano 2018. A firma viguesa conta na actualidade con máis de 250 vehículos, que cobren 80 rutas que cada día achegan aos mercados máis importantes os produtos do mar.

CONTINUAR LENDO: Faro de Vigo

Fecha publicacion: 
2021-08-21 09:45:00
Subir