O pasado 5 e 6 de febreiro celebrouse o EU Industry Days

Co gallo de debater sobre a Política Industrial Estratéxica da Unión Europea, estas Xornadas sobre Industria da Unión Europea, así se traduciría, supoñen a principal conferencia na materia que se celebra no seo da Comisión europea. En conxunto, representantes de sectores chave da industria, autoridades públicas e sociedade civil tiveron a oportunidade de debater sobre o futuro da industria na Unión.

A Comisión puxa porque a industria europea manteña unha posición de liderado mundial en innovación, dixitalización e descarbonización. Actualmente, o plan de investimentos vixente xa acadou a cifra de 370 billóns de euros en investimentos ao redor da Unión. Grazas ao mercado único as empresas teñen unha maior capacidade para achegarse a diversos mercados, mais cualificados.

Entre as actividades realizadas no EU Industry Days 2019, con máis de 1 800 participantes, unha mesa redonda sobre a industria de alto  nivel ou conferencias encabezadas por mozos e mozas líderes en industria. Os temas tratados permitiron nalgúns casos fixar as primeiras recomendacións da Comnisión en temas relacionados coa industria de alto nivel, entre outros. 

Ligado a este conxunto de conferencias, celebraranse entre xaneiro e marzo de 2019 diferentes xornadas de portas abertas en distintos puntos da UE. Nestas, diversas compañías e empresas de diferentes áreas e sectores ofreceran actividades para aprender sobre métodos de produción, produtos e oportunidades laborais. En Galicia, celebrarase entre os próximos 25 e 29 de marzo as denominadas como Galician Business Factory Food, organizadas polo Clúster Alimentario de Galicia.

Fonte.- European Comission

Fecha publicacion: 
2019-02-01 10:15:00
Subir