O parque empresarial de Xarás recibe un investimento de 81.670 euros para a mellora das súas instalacións

O concello de Ribeira segue avanzando no seu plan de melloras do parque empresarial de Xarás. Neste caso, adxudicáronse á empresa Marqués de Marancán S.L., as obras para a mellora da pavimentación de estradas e beirarrúas. O investimento ascende a 81.670 euros, sendo o prazo das mesmas de dous meses. Ademais, posteriormente adxudicaranse as obras para a canalización de augas nas mesmas estradas, presupostadas en máis de 200.000 euros. Para levar a cabo as actuacións, o concello contou cunha axuda da Consellería de Economía, Emprego e Industria da Xunta de Galicia, froito do plan de axudas para a habilitación e mellora das infraestruturas dos parques empresariais galegos.

Fonte.- El Correo Gallego

 

Fecha publicacion: 
2019-08-31 08:00:00
Subir