O parque empresarial de Villadangos del Páramo fortalécese como potencia económica da provincia de León

O parque empresarial de Villadangos del Páramo está sendo un dos principais destinos para o investimento na provincia de León. O abaratamento do seu solo, con bonificacións de ata o 50 por cento, resultou determinante para a chegada de fortes investimentos como o de Network Steel, empresa que investíu 130 millóns de euros para crear 350 postos de traballo, actuación que fixo efecto chamada. Así, durante o 2019 xa se instalaron catro empresas máis e o concello prevé a chegada dunha decena de compañías de diferentes sectores. Fortalecendo a economía no parque e posicionándoo coma un dos principais da provincia.

Fonte.- León Noticias

Fecha publicacion: 
2019-09-02 11:45:00
Subir