
Finalizadas as obras, atópase aberta a convocatoria para a ocupación dos catro viveiros dispoñibles no parque empresarial de A Veigadaña, primeiro viveiro do municipio de Mos. Mentres conclúen os trámites para a ocupación, dende a Asociación de Empresarios de Mos (Aemos) indican estar aprovisionando as instalacións con equipamentos de última xeración e altamente tecnolóxicos. O viveiro levantou gran expectación entre empresas e emprendedores da zona, o principal requerimento para a ocupación dos mesmos é ter unha actividade meramente industrial.
Fonte.- Faro de Vigo
Fecha publicacion:
2019-08-22 09:30:00