
Nunha visita da conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda ao parque empresarial de Bértoa, en Carballo, anunciouse a intención da Xunta de executar a urbanización da terceira fase do parque no 2021. No presente 2020 aproveitarase para a redacción do proxecto e adquisición do terreo, iniciando a execución do proxecto o seguinte ano. Así, a Xunta de Galicia atende unha das principais demandas das empresas da zona, que solicitaban unha ampliación da capacidade do parque, integrado nunha zona estratéxica xunto cos parques de Morás e Sabón.
Fonte: La Voz de Galicia
Fecha publicacion:
2020-02-11 16:15:00