
A Xunta investirá 91.000 euros, que se suman ao millón de euros xa investido, na senda que une o concello de Carballo co parque empresarial de Bértoa. O obxectivo é continuar a senda ata a entrada mesma do parque, habilitando tamén un carril bici e acceso peatonal. A ampliación da senda será de 550 metros e inclúe a pavimentación, o carril bici, o axardinado da franxa de separación coa calzada, a execución da rede de drenaxe de augas pluviais e a señalización. Nunha medida de fomento da mobilidade urbana sostible e mellora dos accesos ao parque empresarial.
Fonte.- La Voz de Galicia
Fecha publicacion:
2019-08-20 08:45:00