
O parque empresarial de Barro-Meis, cunha superficie bruta superior ao millón de metros cadrados, conta con menos da metade do seu solo dispoñible. En total, 44 son as parcelas xa ocupadas, das 76 parcelas totais que conta o parque. O prezo das parcelas dispoñibles é de 99 euros o metro cadrado máis o IVE. Entre as últimas empresas que se mostraron interesadas na súa instalación no parque, atópase Froiz e a intención de establecer un centro loxístico no solo empresarial do parque.
Fonte: Faro de Vigo
Fecha publicacion:
2019-10-06 14:45:00