O parque de As Somozas, o que ofrece os prezos máis competitivos da comunidade

O parque empresarial de As Somozas, na provincia de A Coruña, ofrece parcelas a partir dos 8,90 euros por metro cadrado. Esta cifra, ofertada pola sociedade pública Xestur, supón a máis competitiva de todo o solo empresarial de Galicia. O único parque que se asemella é o de Bóveda, na provincia lucense, onde o metro cadrado ofértase arredor dos 9,42 euros, mentres que a restante oferta sitúase en prezos moi superiores, dificultando o acceso ao solo e minorando a demanda.

Fonte: La Voz de Galicia

Fecha publicacion: 
2019-10-25 11:15:00
Subir