O parque de Morás mantén un alto ritmo nas obras de urbanización e xa apunta ás primeiras instalacións

O parque empresarial de Morás, proxectado en 2009 e paralizado en 2013, para ser retomado pola Xunta en 2017, mostra unha alta actividade construtiva. Á chegada do primeiro edificio, unha subestación eléctrica, súmase un alto ritmo nas obras de preparación do solo e novos viarios, para preparar a instalación das empresas que xa compraron as súas parcelas, chegada que se espera no curto prazo. Tras anos de parálise, o parque, promoción da sociedade pública Xestur, parece deixar atrás a inactividade e aspira a converterse, con 1,5 millóns de metros cadrados, nun dos principais parques do norte de Galicia.

Fonte: La Opinión Coruña

Fecha publicacion: 
2019-11-23 12:15:00
Subir