
O parque empresarial de A Granxa, no municipio de Porriño, contará con gardaría infantil en breves, unha vez obtidos os informes favorables dos técnicos municipales. O servizo, moi demandado polas empresas da zona dende hai tempo, instalarase no Edificio de Servizos da entidade promotora do parque, e ocupará 300 metros cadrados de local e 75 metros cadrados de espazo exterior. A actuación supón un paso adiante na conciliación da vida laboral e familiar dos traballadores do parque.
Fonte.- Faro de Vigo
Fecha publicacion:
2019-09-20 09:00:00