O parque de Espiñeira actualiza o seu sistema de vídeovixilancia

O parque empresarial de Espiñeira, en Boiro, xa conta cun novo e mellorado sistema de vídeovixilancia. A través da Consellería de Economía da Xunta, que investiu un total de 142 000 euros, levouse a cabo unha actuación de mellora no control da actividade do parque, aumentando o número de cámaras e eliminando os puntos cegos existentes. Ademais, leváronse a cabo labores de mellora na pavimentación dos viarios, concretamente na Fase II do parque.

Fonte: La Voz de Galicia

Fecha publicacion: 
2020-01-22 09:00:00
Subir