
No parque empresarial de Bértoa, no municipio de Carballo, reserváronse as primeiras prazas de aparcadoiro para persoas con discapacidade. Estas, ademais de ser unha medida de inclusión e accesibilidade no solo empresarial carballés, é un requisito necesario para obter a certificación de Polígono Empresarial de Calidade, expedida pola Coordinadora Española de Polígonos Empresariais (CEPE) en colaboración coa Asociación Española de Normalización e Certificación. Esta é a primeira e única certificación no sector do solo empresarial que acredita o rigor e o valor dos parques no país.
Fonte: La Voz de Galicia
Fecha publicacion:
2019-10-05 10:45:00