O número de concellos emprendedores en Galicia ascende a 131

Tras a adhesión de Santiago, Paderne, Cambre, Lalín e Taboadela, son xa 131 os concellos emprendedores na comunidade galega. A iniciativa, promovida pola Xunta, trata de reducir as barreiras ás iniciativas empresariais e atraer investimento con medidas de estímulo e redución dos trámites administrativos. A declaración de concello emprendedor supón tamén unha posición de privilexio á hora de recibir diferentes axudas do goberno autonómico. Medidas todas encamiñadas principalmente ao fomento das actividades industriais e localizadas en solo empresarial.

Fonte: Creando tu Provincia

Fecha publicacion: 
2020-01-13 10:15:00
Subir