
As exportacións na cidade lusa, segundo os datos do Instituto Nacional de Estatística portugués, mantiveron o crecemento durante 2018, pasando a ser o sexto municipio exportador do país, cun volume de exportacións que acadou os 1.600 millóns de euros. Isto supón un crecemento do 105% desde o ano 2013. Dende o consistorio ligan este forte avance ao peso que se lle está outorgando ao talento, a innovación e a investigación como motores do crecemento económico esenciais na cidade e tamén da Rexión Norte de Portugal.
Fecha publicacion:
2019-06-14 09:30:00