O grupo Inditex faise cunha nova parcela no parque de Sabón

O grupo Industria de Diseño Textil (Inditex) fíxose recentemente cunha nova parcela no parque empresarial de Sabón, en Arteixo, onde conta coa súa sede central. A ampliación permitirá ao grupo ampliar a súa fachada e contar con case a metade do solo empresarial do parque. En total, nos últimos tres anos o investimento en edificación no solo ascendeu a 130 millóns de euros, a última en 2019, investindo 31 millóns nun novo edificio na área de Sabón.

Fonte: ModaEs

Fecha publicacion: 
2020-02-14 08:15:00
Subir