O grupo Caamaño tramita un proxecto de ampliación do seu solo

Dende a entrada en vigor do Plan Xeral de Ordenación Municipal (PXOM) de 1987 en Culleredo, a sede do grupo Caamaño pasouse a atopar en solo rústico. Sen embargo, agora a compañía atópase en trámites para a recualificación do solo e, ademais, a ampliación do mesmo. Así, o grupo expón un proxecto que abarca 60.805 metros cadrados, dos cales aproveitaríanse 54.231. A ampliación supón un incremento do 29 por cento da superficie actualmente ocupada pola empresa e, segundo a mesma, suporía a creación de 700 postos de traballo entre directos e indirectos.

Fonte: La Opinión Coruña

Fecha publicacion: 
2019-11-21 11:45:00
Subir