O goberno galés inviste máis de 2 millóns de libras na mellora da accesibilidade no parque industrial de Deeside

O goberno de Gales comprendeu a importancia do criterio da accesibilidade aos parques empresariais, por iso, investiu máis de 2 millóns de libras na mellora dos accesos dun dos seus parques principais, o de Deeside. Este parque empresarial conta con 400 empresas instaladas e 9.000 persoas empregadas, polo que a gran densidade de tráfico dentro do solo supoñía un problema e unha barreira para a entrada de novas empresas, problema ao que agora comezan a poñerlle solución.

Fonte.- Goberno de Gales

Fecha publicacion: 
2019-08-23 11:00:00
Subir