O Goberno asinará un Protocolo de apoio á mellora das áreas industriais de España

Os Ministerios de Industria, Comercio e Turismo; Fomento e Economía e Empresa, xunto ao Comisionado do Goberno fronte ao Reto Demográfico asinarán un protocolo de compromiso para o desenvolvemento das áreas industriais españolas. O obxectivo será acadar as capacidades e condicións necesarias para mellorar a competitividade da industria no seu conxunto.

Neste protocolo, os e as asinantes expresan a súa vontade de realizar todos os esforzos necesarios para impulsar a reindustrialización e a competitividade da industria española en todo o territorio e contribuír ao equilibrio económico. Ademais, establécese a pretensión de fomentar o emprego de calidade e estable e desenvolver actividades produtivas que combatan a desigualdade. Tamén inclúe a idea da elaboración dun Mapa Industrial, a través do cal acceder a un inventario de áreas e polígonos industriais no conxunto territorial.

Dende o Ministerio de Industria, Comercio e Turismo sinalouse que o Protocolo responde ás demandas de mellora na conservación e nos servizos destes polígonos. O documento recolle que as áreas industriais constitúen infraestruturas económicas básicas para o desenvolvementos da actividade industrial e son as responsables de importantes recursos económicos que aportan aos municipio onde se localizan.

O desenvolvemento das áreas industriais vén recollido nas Directrices Xerais da Nova Política Industrial Española 2030 que se aprobaron o pasado 22 de febreiro.

Fonte.- Expansión

Fecha publicacion: 
2019-03-06 19:15:00
Subir