
A Xunta anunciou a próxima publicación no DOG do anuncio de poxa pública de máis de 350.000 metros cadrados dos 900.000 metros cadrados de solo empresarial da Plisan. Estes 350.000 metros cadrados corresponden a 45 parcelas situadas nas fases 1 e 2 da plataforma loxístico-empresarial, onde a superficie das parcelas oscila entre os 2.104,26 metros cadrados e os 30.792,93 e o prezo medio de saída estará por debaixo dos 60 euros o metro cadrado, un prezo que baixará dunha forma notable ata os 0,70 euros/m2 ao ano para aquelas empresas que opten polo dereito de superficie.
Fonte.- Xunta de Galicia
Fecha publicacion:
2019-06-09 11:45:00