O Consorcio da Zona Franca de Vigo prepara a compra dos terreos necesarios para a ampliación do Parque Tecnolóxico e Loxístico de Valadares

O Consorcio da Zona Franca de Vigo (CZFV) iniciou xa o expediente para a compra dos terreos necesarios para a ampliación do Parque Tecnolóxico e Loxístico (PTL) de Valadares e que aínda non son da súa propiedade. Trátanse dunha ducia de parcelas con cuxos propietarios non se puido contactar ou non acadaron un acordo polo valor do solo.

O Consorcio posúe en cambio outra quincena de terreos e o 100% das casas que se verán afectadas, que se foron adquirindo desde 2012 até agora, e que supuxeron un desembolso de preto de 7 millóns de euros.

A ampliación do PTL, suporá 252.000 metros cadrados máis de superfice, dos cales se edificarán 150.000, quedando o resto reservado para viarios e zonas verdes. Esta intervención é prioritaria para o Consorcio, xa que lle permitirá pór no mercado solo para un parque comercial no que xa mostraron interese cadeas como Ikea, Leroy Merlin ou Decathlon.

Fonte.- Faro de Vigo

Fecha publicacion: 
2019-05-03 15:30:00
Subir