
O Concello de Ponteceso e a Entidade Pública Empresarial de Solo (Sepes) asinarán un convenio para o investimento de 5,2 millóns de euros na ampliación de 21 hectáreas do polígono industrial de Tella.
O organismo estatal achegará 4,6 millóns de euros para a urbanización do parque e o Concello terá que adquirir os terreos necesarios, ben por compra ou expropiación. Nun principio, o acordo ten vixencia de catro anos para lograr todos estes obxectivos, aínda que pode ampliarse de acordo mutuo entre as partes.
O Sepes achegará 600 000 euros máis para o proxecto e outros gastos. Redactará os planos tan pronto o Concello teña o 70% dos terreos á súa disposición. A ampliación levarase a cabo xunto ao actual polígono empresarial, nunha área denominada Zona Industrial A Mezquita, de 4,2 hectáreas, clasificado como solo urbanizable delimitado, e outro lindeiro, urbanizable e non delimitado, dunhas 16,8 hectáreas.
Fonte.- La Voz de Galicia