
O Concello de Marín e a Asociación de Xoves Empresarios inauguraron un viveiro de empresas no parque empresarial de Cantodarea, sito no Porto de Marín. O "Espazo Emprendedor", como así foi chamado, ten a finalidade de ser un punto de encontro entre empresas do sector gastronómico e axudar no desenvolvemento de proxectos por medio de formacións, talleres e asesorías. O proxecto foi creado pola Zona Franca de Vigo en colaboración co concello, que cedeu o espazo para a instalación, que comezará a ter actividade tras o verán.
Fonte.- Faro de Vigo
Fecha publicacion:
2019-07-30 13:00:00