O concello de Culleredo proxecta incrementar o seu solo empresarial en máis de 200.000 metros cadrados

O concello de Culleredo quere apostar polo crecemento do tecido industrial no municipio. Para iso, proxecta o desenvolvemento de 209.000 metros cadrados de solo empresarial, dos cales142.000 metros cadrados serían edificables. Para semellante proxecto, o concello conta e valora a axuda da Xunta de Galicia, a cal xa deu luz verde ao plan sectorial inicial do Grupo Camaño para ampliar un 20 por cento as súas instalacións, o que permitirá a creación de 700 postos de traballo, entre directos e indirectos.

Fonte: La Opinión Coruña

Fecha publicacion: 
2019-10-14 12:00:00
Subir