O Concello de Cerceda planea unha ampliación de 400 000 metros cadrados para 2020 no Polígono do Acevedo

O Polígono industrial do Acevedo foi inaugurado en 1999 e actualmente atópase sen parcelas remanentes para a súa venda pese ao millón de metros cadrados brutos cos que conta. Por este motivo, o consistorio planea comezar os trámites para proceder á ampliación do parque empresarial, cuxa última fase (conta con catro) foi promovida en 2011. A ampliación será de 428 000 metros cadrados, que xa se atopan recalificados e dos que só sería preciso adquirir os terreos para proceder á urbanización, que se prevé para antes do remate de 2020.

Fonte.- La Voz de Galicia

Fecha publicacion: 
2019-12-20 12:00:00
Subir