
Os traballos de reacondicionamento no parque empresarial de Cee, principalmente de roza e limpeza, comezarán a semana que ven por parte da empresa "Construcciones Juan Lago S.L.", que foi finalmente a contratada por parte da entidade promotora. Así, dende a xestión do parque, espérase que esta sexa só a primeira das obras que axuden a revalorizar os máis de 200.000 metros cadrados de solo empresarial no municipio de Cee, moi castigado pola última crise.
Fonte: Adiante Galicia
Fecha publicacion:
2019-10-03 08:15:00