
O Concello de Carballiño formalizou onte ante notario a adquisición da parcela situada no parque empresarial onde se construirá o primeiro viveiro de empresas do municipio. O alcalde, Francisco Fumega, desprazouse na mañá de onte a Ourense para a firma da documentación correspondente á compra de 2.300 metros cadrados de superficie a Xestur, que permitirán o desenvolvemento deste proxecto no que se contemplan tres naves, ademais de espazos comúns.
Francisco Fumega declaraba que o seguinte paso consiste en sacar a concurso público a licitación xa con vistas a comezar as obras. O custo da parcela foi de 48.000 euros, mentres que o proxecto foi orzado en 299.734 euros, para o que o Concello conta cunha subvención da Xunta de Galicia que supón o 80% do montante total.
Ler máis: La Región