
A primeira planta de reciclaxe de baterías de vehículos eléctricos na península Ibérica instalarase en Cubillos del Sil, no Bierzo, e entrará en operación a finais de 2023, grazas a unha iniciativa de Endesa, en alianza con Urbaser. Cun investimento de 13 millóns de euros, a instalación nace ao amparo do plan Futur-e de Endesa, a través do cal a compañía enerxética paliará o final da operación da central térmica de Compostilla, que xa se atopa en proceso de desmantelamento.
A nova planta de reciclaxe de baterías é un do sete proxectos aprobados recentemente polo Ministerio de Transición Ecolóxica, a Xunta de Castela e León, as alcaldías de Ponferrada e de Cubillos del Sil, a Universidade de León e Endesa. Esta compañía desenvolverá nas Pontes un programa similar cando se formalice o peche da térmica galega, actualmente en tramitación administrativa, de modo que o emprazamento poida acoller diversos proxectos empresariais.
A planta de reciclaxe de baterías de vehículos eléctricos trátase dunha clara aposta polo desenvolvemento sustentable e a protección ambiental, a través da economía circular. A nova empresa conxunta xestionará a recollida de baterías eléctricas en España e Portugal, o seu almacenamento temporal seguro e o seu transporte a Cubillos del Sil, para o seu posterior tratamento.
Seguir lendo: El Progreso