O Banco Europeo de Investimento fixo unha aportación ao Fondo Africano para a industrialización

O Banco Europeo de Investimentos, EIB, polas súas siglas en inglés, asinou un acordo por valor de 15 millóns de dólares co SPE Africa Industrialization I Fund (AIF I), un fondo privado de capitais que busca axudar a pequenas e medianas empresas a dar os seus primeiros pasos e crecer. Este fondo aplicarase especialmente nos países do Norte de África: Exipto, Marrocos e Túnez.

A estratexia perseguida será crear valor engadido e motivar os investimentos en empresas con potencial de crecemento en sectores chave como educación, saúde, industria e servizos.

A intencionalidade final deste investimetno é acadar o desenvolvemento do sector privado nos países do Norte de África, a través do aumento de acceso a capital das pemes. Ademais, para motivar o crecemento rexional, este acordo busca tamén contribuír a reforzar o comercio entre os países da zona Norte e Subsahariana, ademais de crear máis de 1 000 postos de traballo directos.  

Fonte.- European Investment Bank

Fecha publicacion: 
2019-04-02 09:00:00
Subir